04 Junho 2006

A polo ghit

"Dende Un raio de sol até a Macarena ou o Aserejé, as nosas orellas tiveron nas últimas décadas que aturar un concepto chamado "canción del verano" que nos leva xa demasiados agostos machacando con ritmos latinos, sotaques andaluces e letras en castelán. É hora de facelo na nosa lingua e á nosa maneira, e encher as nosas festas e bares de verán cunha melodía e letra propias".

Así se presenta o concurso A polo ghit convocado por vieiros e a RadioGalega para buscar a nosa canción do verán. E, en realidade, unha enorme oportunidade para que os grupos noveis se dean a coñecer.
Inda vou acabar gustando da canción do verán 2006.