21 Julho 2006

Ban Comic Sans

A Comic Sans é seguramente o tipo de letra máis odiado e ao mesmo tempo admirado no mundo.
Deseñado por un creativo de microsoft en 1994 con inspiración no mundo da banda deseñada estaba concebido para usos infomais. E a súa difusión acadou límites insospeitados.
É a fonte por defecto de moit@s adolescentes (e non adolescentes) nos seus mega vídeos feitos con movie maker, nero vision ou calquera outro editor "profesional", nas conversas do msn cando non nos traballos en word ou powerpoint. Pero ademais é usada indiscriminadamente por todo o mundo en rótulos, logos, anuncios e demais material de comunicación pública cando non en facturas, cartas formais ou instancias públicas.
E este uso abusivo provocou o nacemento dunha campaña masiva en contra do uso da comic sans, bancomicsans.com. Hai merchandising do grupo que inclúe un tipo de letra anticomicsasns ou un grupo en flickr onde se recollen fotografías que amosan o emprego da letra.
E aquí entra TSK contra a tipografía esta. Se xa nos canta bastante cando a vemos nas presentacións ou en títulos de crédito moito máis me cantou a min cando en apenas 12 horas a puiden ver:

No libro de instrucións da convocatoria de bolsas 2006-07 do Ministerio de Educación.
Nesta circular interna da Universidade da Coruña por incidencias relacionadas coa feira medieval.

No sorteo da Cruz Vermella celebrado onte na Coruña (imaxe de portada do diario ADN).

Por cousas como esta: Restrición de comic sans xa!!

Creo que vou baixar até a feira medieval, seguro que atopo algún posto que use o tipo de letra este e no que vendan patacas, maínzo ou chocolate da Idade Media