05 abril 2006

Hola queridos amigos kierkegaarienses. Despois da miña última aportación ao blog (censurada polo moderador dadas as criticas e "insultos" que, según el, vertía nas miñas verbas (non te enfades Damián), hoxe regreso co meu primeiro video, que espero, e desexo, sexa o pistoletazo de saída de moitos outros (que pedante ta quedando verdade?).
Bueno, ao grano. Aproveitando o partido que esta a xogar agora mesmo o barcelona, lembreime duns videos de Ronalpinhos que saen na páxina web nikefootball.com (onde podedes atopar todos os videos da nova campaña de nike, que apostan polo xogo bonito). Neste exemplo podedes ver unha comparación entre unha simulación actual de Ronalpiños xogando o futbol sala cun partido que lle gravaran de pequeno (todo un espectáculo).
A Damián, Javi e Hugo (os principais interesados): fixadevos no regate que lle fai Ronalpiño adulto a un defensa. Incríble.
Nada máis. Saúdos e espero que sexa do voso agrado.