25 dezembro 2005

Viva o nadal¡¡¡

Ben rapaces. En primeiro lugar deséxovos bom nadal a todos e felices festas. Que pasedes estes días en amor e compañía que é o mellor para aliviar tensións.

Aproveitando este pequeno christmas navideño quero deixar caer unha reflexión particular. Non sei se vistes pola rede os comentarios sobre o trucamiento da foto dos reis cos seus netos.

Eu son da opinión de que descargaron unha versión pirata no emule á hostia de velocidade gracias a superrede que teñen estes susoditos na Zarzuela. Mentres moitos españolitos aínda se conectan con 56k ou cun mísero mega (ou simplement non se poden permitir ter nin internet).

Por eso pido q nestas datas de alegría e felicidade se aplique un pouco a máxima do comunismo: repartir entre o pobo, e que todo mundo teña dereito a unhas condicións de vida dignas e con acceso garantido a sociedade da información (total pra que qeren na moncloa tropecentos megas, se algún seguro que nin sabe ó q é un rato).


Ben, despois desta ida de olla de noite boa deséxovos unha prospera noite e que o gordo do traxe vermello vos deixe caer algo pola cheminea. A min tocoume un teclado e ratón laser e unha pantalla tft 19" (sen HD damián).

Felicidades a todos.

PD: Javi non se che ocorra gastarme bromas o 28 de decembro.