23 abril 2006

Nostalxia acompañada de house

Hola queridos compañeiros.
Levo uns días un pouco nostálxico e agora mesmo estaba na casa lendo o post que publicou Damián sobre o meu aurtigo (por certo a Damián e a Gandalf grazas, pero aínda que saiba algo de TDT quédame moito para chegar ao voso nivel de redación) con música da BSO de House de fondo, unha serie que me está a facer reflexionar moito ultimamente, sobre todo os intres melancólicos nos que misturan unha música triste con momentos de reflexión dos personaxes (Sabela, esto é para que apuntes na miña lista de cousas como unha das cousas que máis me relaxa: escoitar música triste mentres reflexiono sobre todo e o mesmo tempo sobre a nada).

Como me volvín nos últimos días moi housemaniaco aquí vos deixo o vídeo do casting de Hugh Laurie para Dr. House, e unha parodia da seire feita polos guiñoles.

Por certo Sabela, moi bo o teu descubrimento do coello rosa. E aquí vos deixo un dito para aplicarlle á miña querida Sabe: "O que non lle ocorreu a Sabela é que xamáis existiú ou simplemente que ainda non sucedeu" (parecida a que se lle podería aplicar a House con matices).

Despois deste deparrame mental deixovos cos videos de House.


PD: É un último de agasallo: Brokeback House: sobre a relación de amizade entre House e Wilson.


PD2: Para rematar outra perliña de House. Hoxe estou housemaniaco perdido.